A negación ou cuestionamento
A negación ou cuestionamento Dor e sufrimento por falta de apoio Tamén é violencia …
Se es familia e estás a ler estas liñas, seguramente tes a sospeita ou xa sabes con certeza que tes na túa casa unha persoa trans. Podes ter emocións e sentimentos encontrados e preguntarte que fixeches mal ou por que non che diste conta antes do que estaba sucedendo. En todo caso, é importante entender que non serve de nada culparnos.
As persoas son trans porque forman parte da diversidade. É importante informarse moito sobre a transexualidade e evitar estereotipos e prexuizos. Como familias que pasamos polo mesmo proceso, o primeiro consello que podemos dar é que te informes moito. Podes atopar moita información nesta web e contactar con nós para resolver calquera dúbida.
Primeiros sinais Non correxir nin castigar A enorme diferencia entre ser unha persoa trans acompañada

Algo que has de ter moi claro é que a transexualidade non é unha elección, por suposto, non é unha enfermidade ou desorden mental, nin unha fase que pasará si non se atende. A transexualidade é un feito natural da diversidade sexual presente en todas as sociedades ao longo da humanidade.
O que si é unha elección é como a familia vai a encarar a cuestión, ben escoitando, validando e acompañando á persoa neste proceso que tanto agarimo precisa ou mirando para outro lado, deixando que sufra e vaia hacia un lugar moi oscuro.
Por desgraza, hai familias que non poden dar este apoio cando alguén comunica que é unha persoa trans. Por iso has de saber que a reacción da familia (negativa ou positiva) pode definir o presente e futuro da persoa trans.
Tes que ter en conta que ainda que o soubeses hai pouco, se falamos de mocidade trans, adoita ser bastante frecuente que durante tempo, mesmo anos, sentiu certas incomodidades respecto á identidade e por tanto, o xénero asignado ao nacer. Quizáis ti recordes certos momentos onde a persoa rexeitaba todo o que tiña que ver co xénero asignado (no momento de comprar roupa, de elexir o traxe para a Comunión, de ir a perruquería,…). Seguramente pasou gran parte da súa vida adaptándose ás normas de xénero, pero sentindo un certo ou gran malestar nesta adaptación. As expectativas que proxectan as familias e contorna sobre as crianzas-mocidade, son importantes para as persoas trans, que temen defraudalas ao non identificarse coa identidade asignada ou o transgredir as normas sociais do que é esperable ou desexable. Maior transgresión é saber eres unha persoa non binaria e non encaixas nos xéneros binarios.
O momento do tránsito social A puberdade trans pode ser moi complexa As veces teremos
O momento do tránsito social A puberdade trans pode ser moi complexa As veces teremos
O momento do tránsito social A puberdade trans pode ser moi complexa As veces teremos
O momento do tránsito social A puberdade trans pode ser moi complexa As veces teremos
A negación ou cuestionamento Dor e sufrimento por falta de apoio Tamén é violencia …
A negación ou cuestionamento Dor e sufrimento por falta de apoio Tamén é violencia …
A negación ou cuestionamento Dor e sufrimento por falta de apoio Tamén é violencia …
Se es familia dunha persoa trans de ata 25 anos, podes acudir a ARELAS sempre que o precises:
No local de ARELAS: Miguel de Cervantes, 34, entlo dcha. Lugo (previa cita)
No correo electrónico: arelasasociacion@gmail.com
No teléfono e WhatsApp: 686 160 465 de luns a venres de 8:30-14:30 e 16:30-20:30 e sábados de 10:00-14:00 hs.