Moitas familias pasamos polo mesmo

É normal que durante todo este proceso as familias pasen por varias fases tras o shock inicial:

  • Primeiro a negación: pensamos que non é certo, que é unha fase que desaparecerá.
  • Despois podemos estar nunha fase onde facemos como que non pasa nada esperando que a cuestión desaparezca. As veces quedamos paralizadas polo medo a que teña unha vida moi complicada.
  • Mais tarde entraremos nunha fase onde parece que non rexeitamos pero tampouco acompañamos, o que manda mensaxes contradictorias e moi dolorosas á persoa trans (dicimos que queremos e respetamos á persoa pero non lle chamamos polo nome e pronome correcto, dicimos que empatizamos co seu sufrimento pero non lle permitimos que acceda a un tratamento de bloqueo ou hormonal, dicimos que sempre estaremos ahí para apoiar pero non lle permitimos que se active o Protocolo Educativo de Indentidade de Xénero,..).
  • Por último, chegaremos ao acompañamento e validación, é dicir, facilitaremos á persoa todo que lle fai sentirse ben (chamala polo nome e pronome/s correcto/s, liberdade para ter a expresión de xénero que queira, acceder a tratamentos bloqueantes da puberdade ou hormonais, cambio de identidade legal,…). Esta etapa as veces vai acompañada dun “duelo” que sirve para “despedir” a unha persoa e dar a benvida a outra.

É importante que entendas que precisarás axuda e acompañamento doutras familias que xa pasamos polo mesmo proceso,e tamén poida que precises de apoio psicolóxico. En todo caso, o que non pode ser é que a familia non queira avanzar e se negue a acompañar e validar á persoa mentras non resolvan as súas dúbidas ou estados emocionais. Como familia has de entender que estamos ante unha persoa que leva moito tempo esperando e que non respetar, acompañar e impedir vivir libremente á a identidade do teu fille, é MALTRATO.

Non facer nada é deixar que unha persoa siga sufrindo moito.