Noso Equipo

Na Asociación Arelas, o equipo formado pola Xunta Directiva e a sección xuvenil traballa con dedicación e empatía para acompañar e apoiar ás familias de menores e mocidade trans de Galicia en todo o proceso de acompañamento e defensa dos seus dereitos.

Noso Equipo

A Asociación

Presidenta

Maria Pita Braña

Santiago de Compostela

Nai dun rapaz trans de 18 anos e docente.

“Son María nai de Reito, un rapaz de 18 anos, que loita cada día para ser feliz e encontrar o seu sitio no mundo. Eu acompaño no camiño, con comprensión e orgullo”.

Vicepresidenta

María Cavanillas Óvilo

Ponte Caldelas

Nai dunha rapaza trans de 17 anos.

“Son nai de Alicia, unha rapaza trans de 17 anos e síntome moi orgullosa da miña filla, da súa valentía, do seu activismo e da súa maneira da afrontar a vida. É unha gran persoa que nos ensinou a ver a vida con outros ollos. Gustaríame que a miña filla tivera os dereitos que a maioría da mocidade cis xa teñen, o dereito para vivir sendo ti mesme, con liberdade, respecto e dignidade”.

Secretaria

Maria del Carmen Salgado

Ourense

Nai dun mozo trans de 19 anos e educadora social

"Son María, nai de Leo, un rapaz trans de 19 anos. Síntome moi orgullosa do meu fillo, da súa valentía e da súa maneira de ser e de estar no mundo. Como nai acompáñoo no seu camiño con amor e aprendizaxe constante. Formar parte desta asociación é para min unha maneira de apoiar e defender que toda a mocidade trans poida vivir con liberdade, respecto e dignidade”.

Tesoreiro

Jose Manuel Costa Abal

Vilagarcía de Arousa

Pai dun neno trans de 9 anos.

“Estou a vivir o meu maior crecemento persoal acompañando no tránsito ao meu fillo, está experiencia está a enriquecer a miña vida en todos os sentidos”.

Vocal 1ª

Sonia Rois Fernández

Monforte de Lemos

Nai de Dafne, unha rapaza de 14 anos.

"Admiro a miña filla por ser capaz de mostrarse ao mundo tal e como realmente é: unha nena que intenta atopar o seu sitio neste mundo, no que algunha xente se empeña en que nos enfrontemos, cando o sinxelo e normal sería respectarnos e non pisarnos unhas persoas ás outras."

Noso Equipo

Sección Xuvenil

Presidente da Sección Xuvenil

Brais Papiri

Pontevedra

21 ans. Estudante do Grao de Educación Social da UDC, activista trans.

Activista

Lu

19 anos. Estudante no Grado de Creación Dixital, Animación e Videoxogos.

Activista

Alicia

17 anos. Estudante de 1º de Bacharelato e Presidenta da Xunta de delegadas/os e representante do alumnado no consello escolar do seu centro.

Activista

Max

19 anos. Estudo un ciclo superior de Mediación Comunicativa.

Activista

Cibrán

18 anos. Estudante de 2° de bachalerato de ciencias da saude.