Do Social



Do social
As persoas profesionais do social poden e deben ter un papel fundamental á hora de acompañar as persoas trans e as súas familias. Son profesionais que traballan e promoven o cambio e o desenvolvemento social, a cohesión social, e o fortalecemento e a liberación das persoas, sobre todo aquelas máis vulnerabilizadas pola sociedade. Traballan desde os principios da xustiza social, os dereitos humanos, a responsabilidade colectiva e o respecto á diversidade. Desde esta mirada, é moi importante que xs profesionais do social abandonen a atención e o acompañamento desde perspectivas ou actitudes paternalistas e condescendientes que veñen de ideas como “tolerancia” e “aceptación” e, cambiar hacia unha mirada máis emancipadora que aposta polo acompañamento, validación e reafirmación das identidades-expresións de xénero e diferentes formas de vivirse. Temos que facelo porque ademáis de saber que son trans é moi importante que se “queiran trans” e aquí o papel da familia e profesionais (tamén da sociedade!), é fundamental para logralo. Como profesional que vas a acompañar a unha persoa trans e-ou a súa familia, aconsellámosche que revises toda a información que proporcionamos nesta web, ou que acudas as persoas profesionais de ARELAS que levamos anos asesorando e formando a outrxs profesionais de diferentes ámbitos.