A negación ou cuestionamento

A negación ou cuestionamento da identidade trans por parte dalgunhas familias, pode ter moitas maneiras de expresarse:

  • Poden manifestar que nunca viron ou notaron que estivese a contragusto coa identidade asignada. Mesmo poden dicir que se comportou sempre con comodidade no xénero asignado (seguramente para cumprir as expectativas sociais e das familias e/ou non facer sufrir á familia)
  • Poden achacar a influencias externas o feito de “convertirse” en trans: “desde que anda con eses mozos trans di que ela tamén é trans”. Moitas veces cando xa teñen a sospeita de ser trans buscan iguais onde poder expresarse libremente e sentirse comprendide, pero ninguén pódeche imponer ser trans porque non é unha elección.
  • Poden alegar que é unha moda (páxinas que visita por internet, redes sociais,..). De novo, a sospeita ou certeza de ser trans vai a provocar que queira ter información sobre a súa realidade.
  • Poden recriminarlle que é unha persoa demasiado nova para tomar unha decisión tan arriscada, ou pola contra, que tardou demasiado en comunicalo.
  • Poden facerlle creer que é una fase que pasará ou que está confundida pola adolescencia-xuventude.
  • Poder evitar falar do tema porque pensan que se non falan diso, o que “di ser” a persoa trans vai desaparecer.
  • Poden cuestionar o que comunica a persoa trans porque non ven ningunha seguridade na súa decisión (non se dan conta do medo que pode ter por dar ese paso). Pero, que é seguro na vida? Esiximos esa seguirdade a outrxs filles cis?
  • Poden “advertir” e incluso “ameazar” cun futuro moi complicado e incerto se dá o paso de visibilizarse como persoa trans, podendo perdelo todo (familia, amizades, traballo, parella, …)
  • Poden negociar/esixirlle para que aprace a súa decisión de transicionar cando sexa maior de idade, se vaia a estudar-vivir a outra cidade ou non dependa económicamente da familia (empezar unha nova vida lexos da familia como si ser trans fose un delito).
  • Poden pensar que se insisten en non apoiar, finalmente resignarase e desistirá no feito trans.

Polo tanto é necesario recordar que non facer nada, é facer algo, implica estar a obrigar x teu fille a vivir de acordo a unha identidade sexual que non é a súa, a finxir ser unha persoa que non é todos os días e, por tanto xerando un dano, ás veces irreparable. Non acompañar e cuestionar a identidade é violencia, e non hai ningunha razón para retrasar o recoñecemento pleno da súa identidade sexual e para facelx sufrir.