Que facemos

As familias de ARELAS somos pioneiras na visibilización nos medios de comunicación da realidade trans infanto-xuvenil na Galicia.

Cambios Legais e Dereitos Reprodutivos para Menores Trans

Solicitamos e logramos o primeiro cambio de nome dunha menor trans en Galicia. Redactamos e logramos a primeira solicitude de cambio de sexo e nome dun menor trans en Galicia e, máis tarde o cambio legal da primeira menor por debaixo dos 12 anos. Un rapaz de ARELAS, foi o primeiro menor trans galego que logrou que o SERGAS financiara a criopreservación dos seus ovocitos para unha futura xestación.

Un rapaz de ARELAS, foi o primeiro menor trans galego que logrou que o SERGAS financiara a criopreservación dos seus ovocitos para unha futura xestación.

Protocolo Educativo a Igualdade

Fomos as impulsoras e redactoras do Protocolo Educativo para garantir a Igualdade e non discriminación sobre Identidade de xénero da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, aprobado no ano 2016.

ARELAS e TEDx Galicia

No ano 2015, a que nese momento era a presidenta de ARELAS, Cristina Palacios, participou nun dos eventos culturais máis importantes do ano, os TEDx Galicia, e que foi unha oportunidade única para que o público presente e a sociedade en xeral, acercárase á realidade das persoas trans menores totalmente invisibilizadas nese momento. A charla foi unha das máis aplaudidas polo público nesa edición.

Lei Galega de Identidade de Xénero

Entre os anos 2016-17, impulsamos e co-redactamos con diferentes colectivos LGTBI+ galegos, unha Lei Galega de Identidade de Xénero rexistrada e apoiada por todos os partidos da oposición e que finalmente non prosperou no Parlamento Galego.

Exposición Fotográfica

En 2017 puxemos en marcha xunto coa Excma. Deputación de Pontevedra, a primeira exposición fotográfica itinerante galega sobre transexualidade “Sorrisos Transformadores”. Unha exposición que recolleu demandas e reivindicacións de persoas trans de renome como a activista Laura Bugalho ou colaboradorxs de ARELAS como a Decana da Facultade de Ciencias da Educación da USC, Carmen Fernández Morante.

Con esta campaña temos percorrido entre o ano 2017 e 2020, 46 concellos de Pontevedra o que supuxo uns 60 centros educativos que estiveron presentes nas charlas de presentación da exposición fotográfica. A raíz do éxito da campaña fotográfica, realizamos una peza audiovisual, “Orgullo Trans” que foi finalista nos premios Mestre Mateo dos Audiovisuais de Galicia.

Galería Formaciones

A nosa entidade leva a cabo accións de sensibilización e formación dirixida a alumnado de centros educativos de primaria, secundaria e Universidades.

Formación Profesional

Realizamos formacións sobre a realidade trans infanto-xuvenil e os seus dereitos a diferentes profesionais de disciplinas como traballo e educación social, mediciña, enfermería, saúde mental, do audiovisual, forzas e corpos de seguridade..

Espazos Seguros e Transpositivos

Desde 2017 realizamos durante o ano, varios encontros-convivencias de fin de semana de rapazada trans de toda Galicia, onde as personas que exercen de monitores, tamén son persoas trans que se convirten en referentes positivos. Estes encontros tratan de ser espazos seguros e transpositivos nos que desconectar do rexeitamento, discriminacións e violencias do día a día e tamén, onde crear redes de amizades e apoio. Realízanse actividades de ocio, xogos, obradoiros, deporte e por suposto, moita festa e diversión. 

Do mesmo xeito, celebramos ao longo do ano, encontros de familias que nos permiten falar, compartir e disfrutar xunto a persoas que acaban converténdose nunha gran familia escollida.

Para poder estar conectades en todo momento e sentirnos acompañades, ARELAS administra varios grupos de WhatsApp dirixido a xóvenes trans:

1 grupo de xóvenes trans de 12-14 anos, outro de 14-18 anos e outro de 18-25 anos.

Do mesmo xeito, temos un grupo de WhatsApp de familias asociadas a ARELAS que nos permite falar, preguntar ou comentar calquera cuestión que teña que ver cxs nosxs filles.

Grupo de Apoio Para Familias

En ARELAS coñecemos perfectamente a importancia de sentirte acompañada no proceso vital que poden estar pasando tanto persoas trans como as súas familias, polo que dispoñemos de Grupos de apoio mútuo para xóvenes e outro para familias, dirixidos por psicológas expertas en acompañar a realidade trans.

No ano 2021, ARELAS pasou a formar parte como membro da ILGA World, Asociación internacional de lesbianas, gays, bisexuales, trans e intersex.

Traballo Coordinado e Formación

ARELAS ten establecido dende o mesmo momento do seu nacemento un tecido estable, coordinado e produtivo coas restantes asociacións do colectivo LGTBIQA+ en Galiza e a nivel estatal con plataformas e federacións LGTBI+. Do mesmo xeito, ARELAS realiza un traballo coordinado formando a prrofesionais, recibindo, asesorando e acompañando a moitas persoas trans e familias derivadas dos CIMs de toda Galicia, dos centros Quérote +, profesionais de saúde mental, da mediciña (endocrinxs e médicxs de atención primaria do SERGAS), servizos sociais de atención primaria, centros de protección a menores, servizos de orientación de centros educativos, concellarías de igualdade  e de servizos municipais de atención a persoas LGTBIQA+.  

En ARELAS somos moi conscientes da necesidade de que xs nosxs filles accedan a formacións transversais que lles permitan ter as competencias necesarias para desenvolverse no día día. Por iso, desde ARELAS contamos con profesionais que, desde unha perspectiva da diversidade e tendo en conta os intereses de moitas perosas trans, realizan formación de diversas temáticas. Estas formacións son gratuitas e abertas a mocidade trans de toda Galicia.

Concursos e Premios

Para seguir concienciando e visibilizando socialmente a realidade trans, desde ARELAS organizamos concursos e premios para recoñecer o bo facer do centros educativos.

O Compromiso de ARELAS co Colectivo LGTBI+

As familias de ARELAS estamos moi orgullosas dxs nosxs filles e de formar parte do colectivo LGTBI+, polo que, cada ano formamos parte e-ou organizamos Orgullos onde nos visibilizamos, celebramos pero tamén reivindicamos e esiximos todo o que queda por facer en canto a dereitos das persoas trans.

En ocasión temos que sair as rúas para reclamar xunto coas persoas trans, os dereitos que como cidadáns teñen que ter.