Cambios do corpo na puberdade (Estadios de Tanner)
Cambios do corpo na puberdade
A escala de Tanner describe os cambios físicos que se observan en xenitais, peito e lanuxe púbico, ao longo da puberdade das persoas. O inicio da puberdade, soe aparecer aos 11 anos, entre os 8 e 12 anos.
Os cambio que soen xerar malestar ou preocupación ao inicio da puberdade nos nenos trans son:
- Botón mamario: Apréciase, unha elevación da areola e ao seu arredor. Cando hai crecemento de células mamarias percíbese como un pequeno nódulo máis duro, ao principio do tamaño dunha lentella e que vai crecendo lentamente. Este crecemento pode ser asimétrico, mostrándose só un botón mamario, para posteriormente aparecer o outro.
- Adrenarquia: Adoita aparecer en media aos 11 anos, entre os 9 e 14 anos. Condiciona a aparición da lanuxe púbico e acne. O axilar adoita ser un pouco máis tardío.
- Menstruación: Aparece normalmente ao ano do inicio de crecemento do botón mamario, aínda que os primeiros anos pode ser moi irregular
A duración entre o estadio Tanner 2 ao estadio 4, que significa ter unha produción de estróxenos adulta e o fin dos cambios corporais, adoita ser de 2 a 4 anos.
Cambios que soen xerar malestar ou preocupación ao inicio da puberdade nas nenas trans son:
- Crecemento testicular: O primeiro signo de puberdade é o aumento de diámetro dos testículos que supera os 2,5 centímetros.
- Adrenarquia: Condiciona a aparición da lanuxe púbico, corporal e acne. O axilar adoita ser un pouco máis tardío.
- Crecemento do pene: Crece en lonxitude e no seu diámetro.
- Pico de crecemento: Adoita aparecer en media aos 14 anos, entre os 13 e os 17 anos. Do crecemento anual de 5 a 6 centímetros pásase a aumentar de 7 a 8 centímetros anuais.
- Cambio da voz: A larinxe aumenta de tamaño e as cordas vocais alónganse e vólvense máis grosas, o que fai que a voz se faga máis grave. Adoita aparecer en media aos 13 anos.
A duración entre o estadio Tanner 2 ao estadio 4, que significa ter unha produción de testosterona adulta e o fin dos cambios corporais, adoita ser de 2 a 4 anos.
É importante que si a persoa trans amosa malestar e preocupación polo desenvolvemento do seu corpo sexas ti como familiar e persoa responsable, a que observe de xeito discreto e non invasivo, todos estes cambios para comunicalos ax profesional responsable do tratamento con bloqueadores puberais.