E como o comunica a mocidade?

Cando falamos de persoas mais maiores, soe pasar que primeiro a quen llo comunica son as amizades-persoas de confianza. Cando isto é aceptado (e soe ser así), logo pide a compas de clase que lle chamen por un nome/pronome diferente ao asignado. Máis tarde o fará coa familia e profesorado.

Cando o comunica na súa casa, normalmente dille primeiro a alguén da casa que tipo de relación sexual/afectiva quere ter (quen pensamos que é a nosa filla nos di que lle gusta as mulleres), e se isto é aceptado, despois “confesa” a súa verdadeira identidade: “eu non son lesbiana, realmente son un rapaz e gústanme as mulleres”.

Moitas familias que reciben a noticia con filles xa adolescentes ou máis maiores, fanse a pregunta de por que non o comunicaron antes (seguramente como resposta ao shock inicial). Que a persoa no se atrevera ou non puidera dicilo antes pode deberse a varios factores: porque non foron conscientes do que lles estaba pasando ou non foron capaces de expresalo con forza e insistencia. Porque non tiveron a forza e valor necesarios para incumprir as normas de xénero que marca a “policía de xénero” da contorna máis inmediata (familia, veciñanza, compas aula-centro,…). Quizáis non tivo unha contorna familiar que permitira certa liberdade na expresión de xénero (levar o aspecto físico que quería).