O medo pode bloquear o que sente
O medo pode bloquear o que sente
O non darse as situacións anteriores, é moi frecuente que poidan bloquear o que senten ou expresan para adaptarse ás esixencias da contorna (sobre todo da familia á que non quere defraudar). Este bloqueo é o primeiro paso para unha posterior confusión sobre quen son realmente. Co tempo, vai a reaparecer a dúbida sobre a verdadeira identidade. Neste momento, no que xa é mais maior, aparecen os medos:
- medo ao rexeitamento e/ou cuestionamento por parte da familia. Isto adoita estar baseado en críticas-comentarios normativos e/ou LGTBIfóbicos que ten escoitado por parte da familia.
- medo a facer sufrir a súa familia coas súas decisións.
- medo a engadir máis preocupacións á súa vida e a da familia (si xa hai algunha outra fonte de preocupación como falla de traballo, problemas de cartos, falta de saúde, mala relación na parella,…)
- medo ao rexeitamento da contorna, sobre todo da aula ou centro educativo.
- medo a perdelo todo: o agarimo de toda a familia (nuclear e extensa), das amizades, a parella, o traballo, a non ter unha vida plena…
Falamos, por tanto, dunha persoa que leva tempo negando o que é, cunha mochila chea e pesada, con moitos sentimentos e pensamentos que necesita liberar para poder ser. Ainda así, o medo pode paralizar e fai que moitas persoas trans pospoñan e oculten a súa verdadeira identidade, as veces durante anos, o que provocará que medren conformando a súa identidade como persoa desde a negación, o ocultamento, a culpabilidade e o propio rexeitamento persoal.
Por tanto, é importante que como familias cando recibamos a noticia, sexa cando sexa, debemos mostrar moita empatía e comprensión ante algo moi importante que non é sinxelo para ninguén.
Si xa houbo esta comunicación e invalidácheslle ou xulgaches a súa identidade polo teu descoñecemento, estás a tempo de rectificar e pedirlle que che explique de novo todo o seu proceso e como podes axudar e acompañar a partir de hoxe. Dille que estiveches buscando información, que eres consciente de que non reaccionaches da mellor das maneiras, pero que queres facelo ben respetando todas as súas decisións.

Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de usuario. Fai clic en 'Aceptar' para continuar navegando, ou en 'Máis información' se desexas máis detalles sobre como o noso sitio web usa as cookies.