A enorme diferencia entre ser unha persoa trans acompañada ou non
A enorme diferencia entre ser unha persoa trans acompañada ou non
As familias e profesionais que levamos anos acompañando a moitas persoas trans, vemos unha enorme diferencia entre quen ten o respecto e agarimo da súa familias e contorna, e quen non.
Na actualidade hai estudos e investigacións que nos din que aquelas persoas trans que non reciben apoio das súas familias teñen:
– 8 veces máis probabilidades de tentar suicidarse que o resto da poboación mesma idade.
– 6 veces máis propensas a ter altos niveis de depresión.
– 3 veces máis propensas a consumir drogas.
– 3 veces maior de infectarse co VIH e contraer enfermidades de transmisión sexual.
Pero cando hai acompañamento e validación da familia desde o primeiro momento sabemos que xs nosxs filles teñen unha mellor saúde mental, maior autoestima e con indicadores similares de depresión e ansiedade da mocidade cisexual tal e como demostran estas investigacións.
Se precisas máis información ou o apoio de profesionais ou familias que estamos pasando polo mesmo, non dubides en poñerte en contacto con ARELAS.