Atención Social
A área de Atención Social, ten como obxectivo informar, asesorar, orientar e axudar a persoas trans ata 25 anos, familias e profesionais. Trata de dar resposta as dúbidas ao redor das vivencias trans infanto-xuvenís, así como facer un acompañamento nos tránsitos sociais das persoas trans e as familias. A traballadora social realiza valoracións das necesidades da persoa informa, orienta e deriva cara aos recursos máis adecuados según a demanda: mentoría, psico-sexolóxica, xurídica-legal e grupal (grupo de apoios mútuos). De igual xeito, realiza derivacións a outros recursos sociais externos atendendo ás necesidades detectadas
Atención Psicoemocinal
Nesta área ofrécese apoio e acompañamento psicoemocional e/ou educativo as persoas trans ata 25 anos e aos seus familiares, co principal obxectivo de axudarlles a comprender e convivir coa identidade manifestada para un maior empoderamento persoal.
Realízase intervencións de apoio e acompañamento individual co obxectivo de que as crianzas e mocidade poidan clarificar e reforzar o autoconcepto san e positivo, previr o rexeitamento a súa forma de diversidade e protexer e mellorar a súa integración psicosocial na súa contorna inmediata ofrecendo ferramentas.
Desde esta área realízase o GRUPO DE APOIO E AXUDA MUTUA PARA FAMILIAS CON FILLXS TRANS na que se procura consello entre elas, apoio emocional e información que proporciona entendemento dos procesos e vivencias dxs seus fillxs e contribúe a crear un ambiente familiar que facilita o desenvolvemento dunha autoestima positiva da persoa trans. Trátase dun acompañamento mútuo que permite aliviar as súas incertezas e dúbidas, así como mellorar a angustia e outras dificultades polas que poidan estar pasando.
Atención Xurídica-Legal
Desde esta área proporciónase información, asesoramento e acompañamento legal as persoas trans e as familias en situacións de acoso, violencias, delitos de odio e discriminación por razón de identidade sexual.
Acompañamos e asesoramos nos procedementos de cambio legal de identidade nos rexistros civís-xulgados, na realización de denuncias ante os distintos organismos competentes por situacións de vulneración de dereitos sociais, deportivos e laborais.. Asesoramento legal relacionado coa práctica dos dereitos, cómo reclamar e ante quen en función das vulneracións de dereitos humanos máis común.
Mentoría
A persoa mentora (sempre é unha persoa trans) aporta experiencia, transfire o seu coñecemento a persoas trans con menos idade e crea unha relación de acompañamento, guía e apoio, nunha época de cambios que moitas veces provoca medos e ansiedades.
Esta persoa é administradora en grupos de WhatsApp de persoas trans que serve de conexión entre xóvenes con moitas cousas en común, creando espazos seguros nos que preguntar dúbidas ou compartir experiencias.
Profesionais
ARELAS conta cun equipo de profesionais de diferentes disciplinas para dar unha respota integral as persoas usuarias e familias.