Dor e sufrimiento pola falta de acompañamento

Algo moi común na rapazada trans sen apoio e acompañamento familiar temprano, unido a que o seu corpo vai na dirección contraria ao que desexan, é que xorden moitas frustacións e malestares que acaban manifestándose de moitas maneiras:

  • Apatía, introversión, desconexión social, sobre todo coa familia pola falta de acompañamento ou porque pode estar sufrindo acoso escolar (maioritariamente en forma de exclusión).
  • Depresión e ansiedade.
  • Baixo rendemento académico.
  • Trastornos da alimentación (case non comen ou comen compulsivamente)
  • Autolesións (cortes).
  • Hábitos e condutas de risco para a saúde (consumo de drogas, mala hixiene do soño, abuso de pantallas dixitais,…)
  • Idea do suicidio ou intento/s de suicidio/s.

Por iso, se tes dúbidas sobre cal é o xeito adecuado de acompañar, acude a entidades de familias con filles trans como ARELAS onde podemos proporcionar a vosa familia información de todo tipo, apoio e acompañamento doutras familias e de profesionais especializados na materia.

Se a persoa trans está nun estado de saúde mental preocupante aconsellamos que busquedes profesionais que teñan experiencia no acompañamento de persoa trans cunha mirada transpositiva, para que axude na súa validación e empoderemento persoal.

Algo que as familias de ARELAS observamos o longo destes anos, é que cando a persoa trans ten o acompañamento da familia para vivir libremente a súa identidade, de profesionais transpositivos e ademáis están en contacto con outras persoas trans da súa mesma idade, as dinámicas negativas e a súa saúde mental, melloran notablemente.