Do Ámbito Educativo
Do Ámbito Educativo
Como seguro xa sabes, as familias de ARELAS fomos as impulsoras e co-redactoras do Protocolo educativo de aprobar un Protocolo educativo de identidade de xénero aprobado porla Consellería de Educación. Seguramente o feito de ser un dos primeiros territorios nacionais en ter protocolo, impulsou a necesidade de sensibilizarse e coñecer esta realidade para poder realizar un mellor acompañamento do alumnado trans. Aínda así, queda camiño por recorrer e sempre é necesario seguir ampliando a información e o coñecemento sobre unha realidade social cambiante.
Cando unha persoa trans decide facerse visible (inicia o tránsito social) o espazo educativo pasa a ser un lugar básico de apoio e acompañamento e, o profesorado, pasa a ser unha figura clave para que isto sexa así.
Desde ARELAS queremos deixar claro desde o principio que, como familias, somos moi conscientes da enorme carga de traballo e do nivel de desprotección que moitas veces atopa o profesorado por parte das administración que non proporciona os recursos necesarios para abordar esta cuestión. Pero non podemos obviar, que xs nosxs filles pasan moitas horas na escola e tratamos de dar unha información que creemos é necesaria.
Antes de nada invitámosche a que explores no apartado de Info básica para aclarar términos e conceptos que usaremos ou que seguramente estés escoitando no teu centro a moito do teu alumnado. Tamén o resto de información que compete as persoas trans e as familias xa que son actores principais que forman parte de todo este proceso.
As recomendación que aquí presentamos a hora de acompañar ao alumnado trans están baseadas no Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero. Tamén recolleremos algunhas que non están contempladas no documento (redactado no ano 2015) pero que moitos centros levan anos facendo baseándose no coñecemento e avances lexislativos dos últimos anos sobre a materia.
Entre as modificacións necesarias de carácter organizativo a realizar pola comunidade educativa, estarían:
- No momento en que o profesorado é consciente ou se lle foi comunicado a existencia de alumnado trans, recomendamos que, si o centro non o está a facer xa, proporcione todo tipo de información e formación sobre a realidade trans infanto-xuvenil e sobre as disidencias sexuais, co obxectivo de ir preparando ou creando un espazo seguro e positivo onde a-s persoa-s trans poida-n ir dando os pasos necesarios para facerse visible-s. É moi importante contar con entidades ou persoas especializadas na materia como pode ser ARELAS, con anos de experiencia en formación nos centros educativos.
- É fundamental reunirse co alumnado, e no caso de ser necesario, con alguén da familia, para que nos comunique cal é o nome elexido que vai-imos usar, a que espazos dividos por sexo vai a acudir (cando non sexan neutros ou de uso para calquera persoa), a que alumnado-grupos quere que se lle comunique a súa decisión e cando vai querer facelo.
- A partir do momento en que xa a persoa trans queira acudir ao centro coa “nova identidade”, aínda que non teña rectificado o nome rexistral, todo o profesorado e persoal de administración e servizos do centro que se dirixan ao alumnado trans, o fará co nome de uso que teña elixido. Respectarase o seu dereito a utilizar dito nome en todas as probas ou exames, carnés, correo electrónico e calquera actividade docente.
- Ese mesmo nome aparecerá en toda documentación administrativa de exposición pública a que poida dirixirse ao alumnado (listas de clase publicadas nun tablón de anuncios) e nos boletíns informativos de calificacións. Se nalgún momento é imposible materialmente facer este cambio nalgún documento ou aplicación, nunca pode ser mostrado públicamente o nome asignado anteriormente (por exemplo: o listado de nomes e apelidos que parecen na pantalla dixital ao pasar lista)
- Respectarase sempre a expresión de xénero e imaxe física do alumnado trans, así como a libre elección da súa indumentaria. Se no centro existe a obrigatoriedade de vestir un uniforme diferenciado por sexos, recoñecerase o seu dereito a vestir o elexido pola persoa.
- Se se realizan actividades diferenciadas por sexos, terase en conta a identidade sexual do alumnado trans, garantindo o acceso seguro e en igualdade de condicións, as instalacións acordadas coa persoa, incluindo aseos, vestiarios ou cuartos (por exemplo nunha excursión ou viaxe).
Se precisas asesoramento ou axuda para poner en marcha un protocolo de identidade de xénero no teu centro, contáctanos!