A puberdade trans pode ser moi complexa
A puberdade trans pode ser moi complexa
Unha etapa moi complexa para as persoas trans é o inicio da puberdade (incluso antes!) cando o desenvolvemento do corpo vai na dirección contraria, algo que lles crea moita preocupación e malestar porque son conscientes que ter os caracteres sexuais que non desexan ter, vai a ser un gran impedimento para ser lidas e aceptadas socialmente como as mozas ou mozos que realmente son. É innegable que existe unha tiranía social de como deben ser os “corpos de mulleres” e os “corpos de homes”, que vai a poñer a lupa nxs nosxs filles constantemente e que servirá para avaliar, se son, ou non, homes-mulleres “de verdade”. E aínda que existirán crianzas e mocidade capaces de resistir esta enorme presión, tamén haberá persoas que queiran encaixar no que se esperan delas. Quen nunca pode exercer esta presión sobre o corpo é a familia con expresións do tipo “cando xa te operes, serás unha muller de verdade”, “coidado que se che nota o pene”, “nunca serás un home de verdade porque non vas a ter pene”,...
Se a persoa ten preocupación polo seu corpo e todavía estamos a tempo (puberdade en Tanner II) existen tratamentos médicos que poden axudar a frear o desenvolvemento dos caracteres sexuais que non quere ter. Se a persoa xa está nun grado de desenvolvemento maior ou xa finalizou, existe a posibilidade de acceder a tratamentos hormonais. Para acceder a calquera destas posibilidade debedes acudir a profesionais da endocrinoloxía que son as persoas especialistas en este tipo de tratamentos. É importante que saibades, que legalmente non poden obrigar ao vosx fille a acudir previamente a saúde mental por este feito nin ningún outro que teña que ver co seu proceso persoal.
Tamén é imprescindible que x vosx fille entenda que o seu corpo poderá adecuarse á súa identidade parcialmente (evitar falsas expectativas), e que sempre haberá algunhas diferencias no seu corpo respecto ás persoas cis (por moita ciruxía que queira ou vaia facer). Algo que debe vivilo en positivo, como un sinal de identidade que x fai únicx e irrepetible. Debemos traballar por tanto, a existencia de corpos diversos, fomentando a súa autoestima e empoderamento corporal.
Buscade referentes entre as persoas trans mais maiores, que teñan unha mirada crítica hacia esta sociedade binaria que impón transformacións corporais dirixidas a “normalizar” ás persoas trans.