Info se son trans

Non sempre os xenitais definen as persoas que somos e seremos porque a identidade, o que somos, é moito máis complexa.

Por iso existen persoas que, coma ti, teñen dúbidas sobre se son esa persoa que os outros decidiron que tiñan que ser e pregúntanse se en realidade son persoas trans.

Se estás aquí, lendo estas liñas, seguramente tes a sospeita ou sabes xa que es unha persoa trans. Se é así, desde aquí unha mensaxe en positivo para darche a benvida e para aplaudir a túa determinación á hora de vivir libremente a túa verdadeira identidade.

Queremos acompañarte

Que debo saber

Túa Verdadeira Identidade

Ningunha persoa que se sabe cis ten dúbidas respecto a súa identidade sexual. Ningunha persoa trans tería dúbidas sobre a súa identidade se a sociedade non a cuestionase como non o fai coas cis.

Non sempre os xenitais definen as persoas que somos e seremos porque a identidade, o que somos, é moito máis complexa. Por iso existen persoas que, coma ti, teñen dúbidas sobre se son esa persoa que os outros decidiron que tiñan que ser e pregúntanse se en realidade son persoas trans.

Se estás aquí, lendo estas liñas, seguramente tes a sospeita ou sabes xa que es unha persoa trans. Se é así, desde aquí unha mensaxe en positivo para darche a benvida e para aplaudir a túa determinación á hora de vivir libremente a túa verdadeira identidade.

Pode ser que leves gran parte da túa vida tratando de adaptarte ás “normas do xénero”, é dicir, facendo e comportándote segundo o que se espera de ti como mozo ou como moza, pero sentindo ao mesmo tempo un gran malestar nesta adaptación. Ou pode que sintas que o binarismo imposto socialmente nada ten que ver contigo e que poida que sexas unha persoa non binaria.

Reflexións sobre Xénero, Expresión e Orientación Sexual

É posible que sintas moita confusión sobre cal é a túa identidade cando se mestura o que sentes, como expresalo para ser crida e a necesidade de adaptarte ás normas de xénero para ser aceptada. Tampouco axudará que o teu corpo estea a desenvolverse ou xa o fixo cara á dirección contraria que desexas que vaia.

Incluso é posible que, por falta de referentes de persoas trans, creas que todo isto ten que ver cunha posible orientación non heterosexual e te recoñezas como gai, lesbiana ou bisexual. Recorda que nada ten que ver o que es (identidade sexual) coa que persoa coa que queres estar (orientación sexual). 

Se ás veces sentes que o medo te bloquea e te fai crer que o mellor é seguir comportándote como se espera de ti, o certo é que desde a nosa experiencia sabemos que aparecerá tarde ou cedo un malestar moi profundo que te obrigará a repensar e debater este bloqueo.

Acompañámosche

Que debo esperar

Estratexias para Comunicarse coa Familia e Amizades

É moi probable que desde hai xa un tempo, leves unha carga dentro de ti moi pesada, con moitos sentimentos e pensamentos negativos que necesitas soltar para poder ser ti e vivirte libremente. Dicirllo á túa familia e amizades vai facer que sintas unha gran liberación. Pero tamén sabemos que o medo paraliza e seguramente non te vexas capaz de facelo.

Podes ter medo a que a túa familia cuestione ou directamente rexeite que es trans, a que utilicen todo tipo de argumentos para negar o que sentes, que incluso usen contigo a chantaxe emocional. Tamén temes facerlos sufrir coas túas decisións e peticións, perder o seu agarimo de por vida, que sexas o motivo de preocupación ou de discusións familiares… Todos estes medos poden impedir que deas un paso que é indispensable para poder avanzar no teu proceso e na túa vida.

É certo que existe a posibilidade de que te atopes con esta realidade, pero con tempo, información e perseverancia na túa decisión estas reaccións negativas soen avanzar cara ao respecto e acompañamento da túa identidade. En calquera caso has de estar preparade para calquera das circunstancias e usar boas estratexias para dicilo e explicalo desde a información real e de xeito positivo (no apartado de Que debo saber atoparás estratexias para comunicalo). Hai un enorme descoñecemento e moitos prexuízos cara á realidade trans e que mellor que desmontar todo isto que co teu exemplo e os teus argumentos. Recomendámosche por tanto que esteas ben informade e que elabores un discurso coherente desde a túa vivencia persoal.

A Decisión Persoal de Expresar a Túa Verdadeira Identidade

É totalmente lóxico e razoable sentir medo a expresar quen es á túa familia, especialmente se aínda dependes emocional e economicamente dela. Hai persoas que deciden esperar a ser independentes e poder facer coa súa vida o que queren e precisan. É unha decisión moi persoal que só ti debes tomar porque ninguén sabe mellor ca ti o que ocorre dentro do teu fogar e o que queres facer coa túa vida.

Axudámosche a afrontar

Como debo actuar

Afirmando a Túa Liberdade Persoal e Autodeterminación

Que as persoas da túa contorna respecten e acompañen a túa identidade é un dereito legal que tes, sexas menor ou maior de idade. Pero é certo que ao final tes que vivir e convivir con esas persoas, polo tanto hai que buscar a mellor estratexia para comunicar as túas decisións e facer valer os teus dereitos ao mesmo tempo.

Falamos de dereitos e de nada máis que iso, porque hai moitas persoas e familias que cren que respectar e acompañar a orientación ou a identidade sexual dunha persoa ou dx seu fille, é un favor que se lle fai, cando isto non é así. O dereito ao libre desenvolvemento da personalidade e a autodeterminación das persoas é un dereito humano constitucional e lexislativo.

Estamos aquí para ti

Onde debo acudir

Se es unha persoa trans de 0-25 anos podes acudir a ARELAS sempre que o precises:
  • No local de ARELAS: Miguel de Cervantes, 34, entresollado dta. Lugo (previa cita)
  • No correo: arelasasociacion@gmail.com
  • No teléfono e WhatsApp: 686 160 465 de luns a venres de 8:30-14:30 e 16:30-20:30 e sábados de 10:00-13:00 hs.
Se es unha persoa trans de máis de 25 anos dispós das seguintes entidades: Servizos públicos gratuítos: