O momento do tránsito social
O momento do tránsito social
Un dos procesos máis relevantes para as persoas trans, é o momento de facer o tránsito social (presentarse socialmente coa verdadeira identidade). Soe ser unha etapa de certo nerviosismo e preocupación, polo que as familias debemos estar moi presentes facendo todo o posible para que a persoa trans senta respecto e seguridade en todas as contornas (resto de familia extensa, centro educativo, veciñanza, amizades…). Para iso, é moi importante que, si a persoa é moi nova ou está nun momento de certa vulnerabilidade, sería idóneo que lle axudedes a comunicarllo a outras persoas o paso que está dando vose fille. É necesario que esta comunicación fagádela con firmeza, dando a información necesaria e usando o nome e pronome correcto que representa á persoa.
A forma de vivir este proceso é moi persoal e non hai maneiras nin tempos correctos en canto ao momento e forma de levalo a cabo (hai persoas que non queren dar este paso ata os 12,18 ou 40 anos e outras que sintan sufrimento e demanden vivir socialmente coa súa verdadeira identidade con 5 ou 6 anos). É importante asegurarnos de que o medo á reacción da contorna non está a frear o libre desenvolvemento da súa identidade dándolle todo o noso apoio cando decida dar este paso.
Poderíamos sintetizar que maioritariamente o proceso de transición ten que ver con que a persoa desexa:
- Vivir socialmente e ser recoñecida-validada polo nome e pronome/s correcto/s, libre de inxerencias, tutelaxes, nin negociacións (Autodeterminación de xénero).
- Ser respetada e acompañada no ámbito educativo (Protocolo Educativo de Identidade de Xénero da Consellería de Educación, protocolos nas universidades)
- Poder acceder con seguridade e comodidade a espazos divididos por sexo cando non son neutros (aseo, vestiarios, cuartos,..)
- Modificar á documentación co nome e identidade de uso social:
– Menores de ata 12 anos: a lei pemite cambiar o nome, con autorización da familia ou titores legais e solicítase no Rexistro Civil.
– Menores de 12 a 14 anos con autorización da familia ou titores legais e solicítase no Xuzgado de 1ª Instancia e Instrucción Nº 1
– Menores de 14 a 16 con autorización da familia ou titores legais e solicítase no Rexistro Civil.
– Menores de 16 e + anos, poden solicitar por si mesmas no Rexistro Civil.
- Poder frear o desenvolvemento do corpo, é dicir, precisa bloquear os caracteres sexuais que non queren ter (bloqueadores puberais en Tanner II), adaptar ou modificar o corpo co obxectivo de “feminizalo” ou “masculinizalo” según o esperado socialmente (hormonación, ciruxías) segundo o caso.
- Estar en contacto e convivir con iguais trans para o seu empoderamento persoal e ter referentes positivos (en ARELAS temos grupos de apoio mútuo e realizamos encontros de xuventude trans de fins de semana)
- Ser acompañade por profesionais que informen e orienten desde o coñecemento real (recursos, asociacións, opcións médicas, discriminacións…).