As veces teremos que axudarlle a poñer nome o que sente

Existe á posibilidade de que a persoa, debido a falla de información, non sexa capaz de poñerlle nome o que é, polo que podemos falar sobre o tema dunha forma sinxela adaptada á súa idade, por exemplo, usando un conto que trate sobre o tema. No caso de que a persoa fose trans, recibir esta información da nosa parte daríalle confianza en nós e ademáis podería permitirlle recoñecer e describir o que sente (afastando ademais pensamentos que pudiran provocar que a persoa non se exprese do tipo: “isto que me pasa non pode ser”, “ a niña familia non o aceptará”, “son un bicho raro” …). Se non é trans, falar do tema non vai a provocar nada simplemente ampliará coñecementos sobre esta realidade como outros temas que aparecen nos contos.

Cando a persoa xa nos confirmou que é trans, debemos facilitarlle información para coñecer todas as opcións posibles: á hora de poder vivir libremente a súa identidade no centro educativo, facer deporte co grupo de iguais que decida, acceso a tratamentos médicos, cambio legal de identidade,…sempre respetando as súas decicións e os seus ritmos.

Tamén convén mostrarlle diferentes vivencias das identidades trans con distintos perfís (persoas non binarias, persoas que elixen non bloquearse nin hormonarse, homes que queren ou deciden xestar, persoas que non realizan ciruxías,.…). Máis aló de mostrar as diferentes posibilidades que existen, a nosa única función é a de respectar as decisións que competen ao seu propio corpo e acompañar xa que si son menores teremos que ir facilitándolles o camiño.

As familias tendemos a ter a idea que como persoas adultas sabemos todo o que precisan e queren xs nosxs filles e non sempre é así. Debemos escoitar e non conformarnos coas respostas que desexamos oír. Debemos observar e non conformarnos co que queremos ver. É imprescindible saber que se negamos, corriximos, tratamos de reconducir ou sancionamos (cos silencios, tensión, nerviosismo, malas cara ao falar do tema,…) o que nos comunica, podemos conseguilo por un tempo, pero non quererá dicir que deixou de ser trans, senón que deixou de confiar en nós e seguramente pasará a ocultarnos todo o que sente, conlevando moito sufrimento interno e incluso a idea do suicidio. Polo tanto, o acompañamento e validación das identidades é un imperativo como familias que somos.