É moi importante non correxir nin castigar as expresións de xénero

Todos estos sinais estarán presentes se a persoa se atopa nunha contorna libre que non corrixe ou castiga este tipo de “comportamentos non normativos”. Pode que estas sinais vaian sendo menos ou desaparezcan cando comecen a ser castigadas socialmente por salirse do normal (burlas dxs compas de clase, miradas e comentarios incómodos de familiares, preguntas de si é un neno ou unha nena,..). Estes castigos poden chegar a negar-bloquear todo o que sente, e por iso vai tentar permanecer de novo na identidade asignada ao nacer (non sabemos por canto tempo).

Abandonar este tipo de comportamentos polo castigo social, pode facernos pensar que todo foi unha fase e que non é trans.  En todo caso, a única proba definitiva será a propia persoa que é a que nos ten que dicir cal é a súa verdadeira identidade. Para iso ten que sentir que a súa familia acompañou e sempre acompañará a súa realidade sexa cal for.

Tamén existe a posibilidade de que a persoa non dera ningún tipo de pistas ou que descubrira a súa verdadeira identidade máis tarde.