Imos polo principio

Cando nacemos, a todas as persoas se nos asigna unha identidade e un xénero en función dos xenitais que teñamos.

Se nacemos con vulva darase por feito que somos e seremos nenas e se nacemos con pene darase por feito que somos e seremos nenos.

Pero, que ocorre cando as persoas transgredimos esa visión binaria e estereotipada que se ten do mundo? Que e como son as persoas trans?

Visión binaria

Historia de vida predefinida

  • Ensinaremos os nenos a facer pipí de pé e as nenas a facelo sentadas.
    A familia normalmente inclinará os nenos para xogar a xogos activos, de construción e de pelota, e as nenas a xogos relacionados co coidado, as artes e as tarefas domésticas.
  • A división entre nenos e nenas manifestarase e reforzarase nos xogos, os deportes, os estudos, a profesión ou as expectativas e soños que se depositan nesa persoa. E continuará presente durante a adolescencia e ao longo da vida.
  • Cando un neno/rapaz teña unha amiga preferida preguntarémoslle con toda naturalidade se son noivos, e daremos por sentado que son amigos cando o escollido sexa un neno/rapaz (presunción da heterosexualidade) ect.
Algunhas definicións

Nomeamento de cuestións clave

O xénero

Sexo asignado ou rexistral Sobre todo, somos identidade (sexual) O xénero Expresión de xénero Orientación

Saber máis