Tamén é violencia …

Se ti xa “permitiches” o tránsito dx teu fille e estás facendo ver que estás dispotx a acompañar, o que non podes facer (porque tamén é violencia) é:

  • Usar o nome anterior (deadname) e pronome incorrecto cando te enfadas co teu fille.
  • Facerlle ver que aínda está a tempo de “volver para atrás” ofrecendo “premios” por facelo
  • Usar os tratamentos-cirurxias como moeda-arma de negociación: “se aprobas todo permitiremosche acceder a un tratamento”.
  • Tratar de facerlle ver que o mellor é cambiar de centro e/ou cidade para empezar unha nova vida e pasar desapercibidx (non habendo un motivo moi poderoso para facelo).
  • Buscar todo tipo de opcións (tratamentos, cirurxias) para que teña un bo cispassing (que non se note que é trans) como si esa fora á meta a seguir.
  • Tratar de que non teña contacto con outras persoas trans.
  • Decirlle “canto vos debe” por telx apoiadx e acompañadx (é una obriga moral e legal).
  • Cargarlle con todas as desgrazas que pasan na familia ou coa túa saúde mental (chivo expiatorio)