Ten liñas vermellas claras
Hai liñas vermellas que ninguna persoa pode permitir que se crucen
Que a túa familia ou algún profesional (da medicina, saúde mental, profesorado…) se negue de xeito insistente a respectar o que sentes e manifestas, que non te chamen polo nome e pronome correcto, que se che impida vivir libremente a túa identidade é MALTRATO. Se es menor, animámoste a que te poñas en contacto con asociacións de persoas trans ou de familias con filles trans para que poidan asesorarte en como denunciar esta violencia. Tamén podes acudir á persoa que exerza de titor-a na túa clase ou ao equipo de orientación do centro para denunciar o que che está a suceder. Se non atopas o apoio necesario, de novo aconsellámosche que contactes con entidades como ARELAS. Se es unha persoa adulta tamén te animamos a que contactes con entidades como ARELAS para que te poidamos asesorar na denuncia.

Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de usuario. Fai clic en 'Aceptar' para continuar navegando, ou en 'Máis información' se desexas máis detalles sobre como o noso sitio web usa as cookies.