Dereitos que tes no ámbito da saúde

Con respecto ao ámbito da saúde, debes saber que a OMS despatoloxizou no ano 2018 a transexualidade e que la “Lei Trans estatal” di que o acceso á atención sanitaria ás persoas trans, se realizará conforme aos principios de non discriminación, nin patoloxización, respectando a autonomía e decisión da persoa. Isto quere dicir que as persoas trans non poden ser derivadas a saúde mental (psicoloxía e psiquiatría) só polo feito de ser trans ou porque queren acceder a un tratamento médico ou cirurxía. Tamén implica que podes e debes tomar as túas propias decisións á hora de acceder a calquera tratamento (bloqueadores puberais ou tratamentos hormonais) ou cirurxía.

A idade legal para acceder a un tratamento médico con ou sen consentimento da familia é de 16 anos. Polo tanto, se non tes apoio familiar e alguén do ámbito da saúde che nega o acceso a tratamentos por non ter consentimento da túa familia ou a maioría de idade contacta con ARELAS para que poidamos axudarche.

Se tes menos de 16 anos e unha das persoas que ten a túa patria potestade se nega a que inicies un tratamento e x médicx esixe a súa firma no consentimiento informado, has de saber que isto non ten que ser así. X profesional da medicina ten que mirar polos teus intereses e polo teu benestar, estean ou non de acordo unha ou ambas persoas que teñen a túa tutela. Se estás neste caso contacta con nós para poder asesorte con esta cuestión.

Por outro lado, os tratamentos médicos e moitas das cirurxías solicitadas polas persoas trans entran na carteira de servizos do SERGAS, polo que tes dereito a acceder a estes recursos en igualdade de condicións que calquera outra persoa. Outros dos recursos que o SERGAS cobre é a criopreservación de ovocitos (no caso de mozos-homes trans e persoas non binarias) e de esperma ou tecido testicular (no caso de mozas-mulleres trans e persoas non binarias ) para unha futura xestación.

Se tes dúbidas, ponte en contacto con ARELAS para poder darche resposta.