Dereitos no ámbito deportivo

Unha das dúbidas ou controversias que poden xurdir á hora da práctica do deporte federado, sobre todo se non cambiaches legalmente o nome e sexo, é en que equipo podes facelo, se no que xa estás competindo actualmente ou se podes facelo noutro onde as persoas que o compoñen teñan a túa mesma identidade. O certo é que estas cuestións non están resoltas claramente na lexislación, máis alá de que todas as persoas teñen dereito á práctica do deporte en igualdade de condicións e sen discriminación. Polo que, unha vez que decidas en que equipo queres competir, has de falalo co teu club ou coa federación pertinente para ver se é posible. Cada día hai máis clubs e federacións comprometidas coa diversidade e que poñen facilidades recoñecendo a identidade sexual na práctica deportiva, incluso a federada.