Busca información real, fora de estereotipos

Animámoste a buscar relatos, vídeos, documentais de persoas trans con percorridos de vida interesantes e positivos. Tamén espazos e asociacións como ARELAS con persoas trans da túa idade na que dar resposta ás túas dúbidas, coñecer persoas que sentiron cousas parecidas e intercambiar experiencias e vivencias e ver se encaixan co que ti sentes ou estás vivindo.

Isto axudarache a poñer nome ao que sentes (ou a descartalo) e a saber que hai moitas máis persoas como ti que percorreron o mesmo camiño e, o máis importante, axudarache a percorrer o teu e a entender que un futuro feliz e vivible é posible.

Animámoste a dar pequenos pasos como dicirllo a algunha persoa de confianza, a explorar o nome co que te sintas cómode, a pedir en certos círculos que te traten co-s pronome-s correctos e a facer aqueles cambios que necesites para sentirte mellor. Aos poucos, cando ti esteas preparade.

Se buscas un espazo de profesionais gratuíto da sexoloxía que poidan orientarte, tes os centros Quérote + da túa zona.