Tratamento hormonal

O obxectivo do tratamento hormonal nas persoas trans é suprimir ou minimizar os caracteres sexuais secundarios orixinais e inducir ou desenvolver os desexados. No caso das mulleres trans hai que ter en conta que os estróxenos non eliminan todos os trazos do sexo orixinalmente asignado nin actúan por igual en todas as persoas.

Nas mulleres trans non hai forma de reverter os efectos da testosterona sobre o esqueleto: o maior talle, a forma da mandíbula, o tamaño e forma de mans e pés, así como a estreiteza da pelve non reverten unha vez alcanzado o tamaño final despois da puberdade. Isto aumentará considerablemente o rexeitamento ao corpo e a súa inseguridade ao ser cuestionada como muller por ter eses caracteres sexuais.

Do mesmo xeito, o tratamento pode non dar os resultados esperados en relación coa redución da barba ou o desenvolvemento mamario. Pode haber, en forma variable, unha diminución da forza e a masa muscular. Os testículos poden diminuír ata un 20% o seu tamaño no primeiro ano: hai cambios atróficos e con perda das células de Leydig e Sertoli. Isto leva a unha baixa evidente da espermatoxénese e a unha probable infertilidade.

No caso dos mozos trans os primeiros cambios, do mesmo xeito que nas mozas, son os cambios psico-emocionais: aumento da libido e do desexo sexual, sensación por momentos de contrariedade, euforia, hiperactividade, diminución das emocións e do sentimento. Despois, aos poucos, a pel do rostro vólvese máis graxenta e engrósase (producindo na maioría dos casos a acne típica dos adolescentes). A voz comeza a sufrir modificacións, pois as cordas vocais engrósanse producindo unha voz máis grave ata alcanzar un timbre entendido como masculino. Isto explica a aparición dos galos e afonías típicos dos adolescentes. A menstruación desaparecerá nos primeiros meses pauatinamente, logo a longo prazo definitivamente. As faccións aos poucos endurécense…