Persoa Lesbiana

As mulleres lesbianas son aquelas que se senten atraídas por outras mulleres. Historicamente foron chamadas despectivamente como “marimacho, tortillera ou bollera”. Aínda que é certo que elas mesmas se reapropiaron destas palabras como forma de orgullo e lle deron unha volta ao significado. As mulleres lesbianas sempre foron moi invisibilizadas, moito máis que os homes gais, por exemplo. E isto ten que ver directamente co feito de ser mulleres nun mundo patriarcal.

A sexualidade das mulleres, en xeral, sempre foi considerada menos importante ou menos seria, mesmo se tratou de ocultar por ser vista como “indecente”. Isto afecta dobremente ás mulleres lesbianas, por ser mulleres e, ademais, non ser heterosexuais. Se partimos da base de que, socialmente, a sexualidade das mulleres debe xirar ao redor da dos homes, ser lesbiana é considerado un desafío da norma e do que se considera “normal”.

As mulleres trans, igual que calquera outra muller, tamén poden ser lesbianas.