Reconstrucción xenital (mal chamado cambio de sexo)

É a cirurxía que ten como finalidade dotar as persoas trans duns xenitais externos de acordo co que se espera delas como homes ou mulleres. Refírese ás cirurxías mediante as cales se modifican os xenitais por nacemento dunha persoa para que sexan como a persoa desexa e necesita para sentirse mellor. Esta cirurxía adoita realizárselle a persoas trans (aínda que non sempre) que optan por ela como parte da súa transición.

Tamén se realiza en casos de intersexualidade (especialmente na infancia e sen saber de certo cal é a súa identidade sexual).

O proceso coñécese por varios nomes, tales como cirurxía de reasignación sexual (CRS), cirurxía de reasignación de xénero, cirurxía de reconstrución xenital e cirurxía de reasignación xenital, entre outros termos médicos como, por exemplo, xenitoplastia feminizante ou penectomía, orquiectomía, vaxinoplastia, colovaxinoplastia,  vaxinoplastia peritoneal… que no ámbito clínico se utilizan para as mulleres trans.
Para os homes trans emprégase xenitoplastia masculinizante, metoidioplastia ou faloplastia.