Disforia (de xénero)
Disforia (de xénero)
É un termo fundamentalmente médico. O DSM-V defínea como a incongruencia entre o xénero sentido e o xénero asignado. Anteriormente (e tamén na actualidade en circuítos médicos e da saúde mental) utilizouse a palabra disforia como sinónimo de transexualidade, pero o seu uso hoxe en día é inadecuado xa que é un termo patoloxizante e que non responde á realidade (hai persoas trans que queren o seu corpo tal e como é).
A “disforia de xénero”, está relacionada co malestar e consecuencias psicolóxicas que provoca a vivencia dun corpo que vai nunha dirección diferente ao que se espera dun “corpo masculino” ou “corpo feminino”.
O grao de “disforia” é variable, en gran medida polas presións externas que sufrisen ao longo da súa vida cara o seu corpo e a súa identidade (“ti non es unha muller, nótaseche na cara e na voz”, “pero como vas ser un rapaz se tes peitos?”…) e polas dificultades sociais que poden provocar o rexeitamento social á diversidade de corpos, é dicir, pola transfobia social.
Non todas as persoas trans presentan disforia de xénero e que algunhas persoas trans desexen modificar os seus corpos ou xenitais tampouco implica necesariamente que os detesten. Moitas persoas cis modifican o seu corpo e non obstante con elas non se emprega o termo “disforia”.