Persoa intersexual

A intersexualidade defínese como unha condición natural na que unha persoa presenta unha discrepancia entre o seu sexo cromosómico (XX/XY), os seus xenitais (vaxina e pene) e as suas gónadas (ovarios ou testículos), presentando características variadas con respecto aos sexos hexemónicos. Isto foi o que motivou que durante moitos anos se coñecese erroneamente como hermafroditismo.

Ademais da ambigüidade xenital, poden verse casos caracterizados pola fusión parcial dos beizos vaxinais, de micropenes ou clitoromegalia (agrandamento do clítoris), ausencia ou atraso marcado da puberdade, penes con abertura en sitios diferente á punta, testículos que non descenden, podendo resultar ovarios, entre outras.

Aínda que a cirurxía reconstrutiva é unha opción en moitos casos, está claro que este é un fenómeno moi complexo e cuxo tratamento ten serias implicacións a curto e longo prazo e sempre se debe tomar en conta a opinión das crianzas e mocidade implicada, o cal, lamentablemente, case nunca ocorre, provocando graves mutilacións e frustracións perfectamente evitables.