Bloqueadores puberais

Os bloqueadores hormonais en menores trans úsanse ao comezo da puberdade para paralizar o desenvolvemento de caracteres sexuais non desexados.

A puberdade, á parte dos seus aspectos sociais, é un proceso biolóxico controlado pola glándula pituitaria. Dáse en cinco etapas, coñecidas como Tanner (etapas 1 a 5). Tanner 1 é basicamente do nacemento ata o inicio da puberdade, mentres que Tanner 2 é o comezo da puberdade (período no que se deben administrar os bloqueadores naquelas crianzas trans que así o desexen).

Xa aos 8 ou 9 anos nalgunhas persoas é tan tarde como 16 anos noutras porque a glándula pituitaria provoca a liberación da hormona luteinizante (LH) e a hormona folículo estimulante (FSH). Estas aféctanlle aos testículos e aos ovarios, facendo que crezan en tamaño e logo liberen as súas hormonas características. A maioría dos cambios que asociamos coas diferenzas entre mozos e persoas adultas son o resultado das hormonas sexuais liberadas durante a puberdade antes que cos cromosomas: a cabeza e as mans máis grandes nos menos/homes, os peitos desenvolvidos das mulleres e outras curvas características, así como as voces máis profundas dos homes e a lanuxe facial, son un resultado da exposición de hormonas sexuais. Un corpo que non estea exposto ás hormonas sexuais non entrará na puberdade física. Unha das razóns polas que se utilizan bloqueadores de puberdade é proporcionar ás crianzas e mocidade trans o tempo para crecer o suficiente como para ser capaces de tomar unha decisión sobre o seu desexo ou non, de modificar o seu corpo a través de tratamentos hormonais cruzados (normalmente a partir dos 14-16 anos).

Os tratamentos con bloqueadores están baseados na experiencia da Clínica de Xénero de Amsterdan, onde no ano 2000 se inicia un protocolo con 70 persoas de supresión da puberdade co uso de análogos das hormonas liberadoras das gonadotrofinas (GnRHa); non cabe dúbida de que o protocolo seguido nesta clínica foi pioneiro e desempeñou un papel de liderado internacional. Estas primeiras 70 persoas participantes neste protocolo entre 2000 e 2008 mostraron un mellor funcionamento psicolóxico, ningunha optou por abandonar o tratamento supresor puberal e todas comezaron posteriormente con tratamento hormonal cruzado. O seguimento posterior deste grupo amosou que estas persoas melloraron os síntomas condutuais, emocionais e depresivos con probas psicométricas. (Children and Adolescents With Gender Identity Disorder Referred to a Pediatric Medical Center.)

Se o tratamento se inicia en fases iniciais do desenvolvemento da persoa (ente os 9-12 anos) non se producen os cambios físicos non desexados e se se realiza en estadios puberais avanzados paralízase o desenvolvemento, pero as características sexuais aparecidas non desaparecen. Por exemplo, nos mozos trans (sexo asignado moza) as mamas volveranse máis pequenas e interromperanse as menstruacións. En mozas trans (sexo asignado mozo) pararase a virilización e diminuirá o volume testicular.

Os diferentes autores e autoras indican que esta terapia é reversible, se a persoa púbere non quere continuar co tratamento, déixanse de utilizar os aGnRH e a puberdade reiníciase, desenvolvéndose os caracteres sexuais secundarios do sexo asignado.

Bloqueadores puberais

Os bloqueadores hormonais en menores trans úsanse ao comezo da puberdade para paralizar o desenvolvemento de caracteres sexuais non desexados. A puberdade, á parte dos seus aspectos sociais, é un proceso biolóxico controlado pola glándula pituitaria. Dáse en cinco etapas, coñecidas como Tanner (etapas 1 a 5). Tanner 1 é basicamente do nacemento ata o inicio da puberdade, mentres que Tanner 2 é o comezo da puberdade (período no que se deben administrar os bloqueadores naquelas crianzas trans que así o desexen).