As persoas trans son autónomas
As persoas trans son autónomas para poder tomar decisións libres sobre o seu corpo
Como se pode ver, na actualidade segue existindo un paradigma no que se dan unhas relacións de poder desde o ámbito médico e da saúde mental, onde as persoas trans e as súas familias están suxeitas ás decisións que toman outras persoas sobre as súas vidas, desposuíndoas do seu papel de axentes activxs e autodeterminadxs, que poden e deben tomar as súas propias decisións lexos de inxerencias (base da autodeterminación de xénero recollida na Lei Trans Estatal).
Por tanto, o verdadeiro reto ao que se enfrontan as persoas trans, sobre todo as menores, é o de ser escoitadas, respectadas e entendendidas como as protagonistas das súas vidas, como persoas proactivas e non pasivas á hora de decidir sobre acceso a tratamentos e ciruxías..
O cambio impulsado pola OMS na despatoloxización da transexualidade que entrou en vigor en España no 1 de xaneiro de 2022, é que si unha persoa comunica nunha consulta médica a súa condición de persoa trans ou quere acceder a un tratamento médico, non pode ser derivada a saúde mental por tal motivo. Facelo implica patoloxizar á persoa e actuar en contra do que marca a OMS e a Lei Trans estatal que establece no artigo 56: “La atención sanitaria a las personas trans se realizará conforme a los principios de no patologización, autonomía, decisión y consentimiento informados, no discriminación, asistencia integral, calidad, especialización, proximidad y no segregación”.