Dereitos que tes no ámbito legal



Dereitos que tes no ámbito legal
Se estás barallando a posibilidade de cambiar o teu nome e sexo en toda a túa documentación legal, has de coñecer que na Lei Trans estatal se establecen 4 formas diferentes para poder facelo:
- Menores de 12 anos: só se lles pemite cambiar o nome, con autorización da familia ou titores legais e solicítase no Rexistro Civil.
- Menores de 12 a 14 anos con autorización da familia ou titores legais e solicítase no Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Nº 1.
- Menores de 14 a 16 con autorización da familia ou titores legais e solicítase no Rexistro Civil.
- Menores? Maiores 16 anos e + anos, poden solicitar por si mesmes no Rexistro Civil.
Unha vez teñas concedido no Xulgado ou no Rexistro Civil o cambio de nome ou de nome e sexo, podes comezar a cambiar todos os teus documentos aportando unha nova partida de nacemento cos novos datos (DNI, tarxeta sanitaria, documentos do centro educativo, titulacións académicas acadadas, conta-s bancaria-s…).
Se tes dúbidas sobre todo este proceso non deixes de contactar con ARELAS e axudarémosche.