Da Saúde



Da Saúde
O feito de que as persoas trans teña que depender dun diagnóstico e tutelaxe médico, é a base para a transfobia, a discriminación e o estigma social.
Ainda que os avances lexislativos van cambiando pouco a pouco o xeito de intervir e acompañar ás persoas trans por parte dxs profesionais da saúde, todavía existe un modelo de atención médica que pode resumirse nestas ideas e accións amplamente estendidas:
- Un cuestionamiento xeneralizado do que senten e expresan as persoas trans, sobre todo se están por debaixo dos 14 anos. Moitas persoas trans son derivadas a consultas de saúde mental onde han de “demostrar” o que son a través do cumprimento dos criterios de diagnóstico estereotipados do DSM-V (baseados en gran medida pola elección de xogos, xoguetes, compañerxs de xogos e expresións de xénero atribuídos socialmente “ao outro xénero”). As identidades non se poden diagnosticar desde fóra en base a ningún criterio, só poden ser manifestadas pola propia persoa, e despois, ser crida ou non por quen escoita.
- Unha mirada patoloxizante, biomédica e cisnormativa das identidades trans, que supón a necesidade dun proceso de diagnóstico e de descarte de “outra” patoloxía mental que poida estar confundindo á persona. Desde este modelo biomédico dáse acceso a servizos unicamente a persoas trans que encaixan no ideal deste paradigma (“de home a muller” ou ao revés) e, por tanto, é un modelo excluínte que deixa fóra a todas aquelas persoas que non encaixan nos parámetros que consideran “normais” (por exemplo, persoas non binarias que poden sentir a necesidade de non hormonarse aínda que si de modificar o seu corpo, ou á inversa). Ningunha outra persoa por ningunha outra circunstancia, ha de pasar por un proceso de diagnóstico da identidade para lograr o acceso a dereitos humanos.
- Tutelaxe das súas vivencias. Moitas persoas trans que descoñecen os seus dereitos, son obrigadas a pasar polas consultas de saúde mental cada certo tempo, para acreditar que seguen respondendo aos criterios diagnósticos do DSM-V e que non existe un “arrepentimento” do que son, como si a identidade fose unha elección. Por suposto, nestes supostos “arrepentimentos” non se ten en conta o nivel de rexeitamento e violencia familiar e social, que pode obrigar inconscientemente a unha persoa trans a bloquear todo o que sente (véxase o apartado Primeiros pasos). Todas as vivencias trans merecen ser vividas en liberdade sen permiso nin tutelaxe de ninguén, libre de inxerencias familiares e profesionais. Cando a unha persoa trans que comeza a ter dúbidas da súa identidade, pregúntaslle si estas existirían si soubese que iba ter o apoio e acompañamento da familia e contorna, as persoas non teñen dúbidas. Non deixan de ser trans, o medo e as dificultades para vivirse libres, impídelles selo.
- Entendemento da transexualidade como sinónimo de “disforia de xénero”. Unha frase amplamente utilizada cara as persoas trans é a de “unha persoa que vive atrapada nun corpo equivocado”, frase que tanto menores como persoas adultas escoitan unha e outra vez e acaban interiorizando como o que debe ser. De tal maneira, esta disforia de xénero que se dá por feito “padecen” as persoas trans, non ten en conta o impacto da transfobia, a patoloxización e o rexeitamento social cara á súa corporalidade diversa, que a miúdo, son a fonte deste malestar.
- A case obrigatoriedade dun percorrido-itinerario único de atención á transexualidade (saúde mental-endocrinoloxía-cirurxías). Algunhas persoas trans que rexeitan este percorrido terán enormes dificultades para ser entendidas como “verdadeiras trans” o cal pode dificultar, por exemplo, o acceso a unha ciruxía se a persoa non pasou antes por saúde mental e fixo un tratamento hormonal. Cada persoa debe decidir libremente como vivir o seu tránsito.