O xénero

O sistema sexo/xénero creado e defendido polo patriarcado é un sistema de crenzas amplamente aceptado socialmente segundo o cal existe unha correspondencia entre o sexo asignado e as condutas (pene-masculinidade/vulva-feminidade). O que fai é reproducir un imaxinario colectivo sobre como deben ser os corpos e como deben ser e comportarse as persoas que os habitan. Entón, cando falamos de xénero falamos dunha construción psicolóxica, social e cultural das características consideradas masculinas ou femininas que habitualmente se adxudican a machos e femias respectivamente. É o significado que unha cultura dá ao feito de ser considerado home ou muller.

O xénero é sinónimo das expectativas sociais, do que se espera de ti (gustos, comportamentos, formas de falar, roles….)

Non debemos confundir identidade (o que sei que son) e xénero (o que a sociedade espera de min). De feito, ti podes ser nena e ter gustos e comportamentos que a maioría da sociedade interpreta como “masculinos” e iso non te fai menos nena ou podes ser unha persoa non binaria (identidade) e non responder a ningún patrón de xénero.