Sobre todo, somos identidade (sexual)
Sobre todo, somos identidade (sexual)
Na maioría dos casos os nenos/homes naceron con pene e as nenas/mulleres con vulva. Por iso, no momento do nacemento interprétanse os xenitais da crianza nacida para presupoñer cal será o sexo e a súa identidade. Non sempre acertaremos.
A identidade responde á persoa que eu sei que son, algo que normalmente se empeza a expresar no momento en que esta comeza a entender o mundo e pode manifestarse (desde os 3-4 anos). Pero tamén pode pasar que a persoa empece a cuestionar a identidade asignada máis adiante.
Como a identidade é a conciencia da persoa que es, ninguén desde fóra pode dicirche o que es ou non es. O que desde fóra se pode facer é escoitar esa expresión da identidade que nos manifestan e, a partir de aí, aceptala, validala e acompañala ou cuestionala e negala.
O feito de que a maioría dos nenos naceron con pene e que a maioría das nenas con vulva lévanos a crer que sempre é e será así. Pero ese razoamento é incerto e moi reducionista, de feito a realidade trans é proba disto. Podes ter pene e ser-saberte nena/muller e podes ter vulva e ser-saberte neno/home. Incluso podes ser-saberte persoa non binaria independentemente dos xenitais e do corpo que teñas.
A identidade, por tanto, non se atopa nos xenitais. A conciencia de ser está no cerebro e non se escolle ou elixe, non é algo que poidas desexar ou controlar. Non se pode modificar ou impoñer. Ti es, queiras ou non.
Que a identidade non ten que ver cos xenitais e si coa conciencia de ser é algo que incluso o Tribual Supremo xa recoñeceu nun auto do ano 2016: “En el reconocimiento de la identidad de género a las personas trans, debe primar el aspecto psicológico y psicosocial sobre el puramente cromosomático, gonadal e incluso morfológico” (Vid FD. QUINTO del Auto de 10 de marzo de 2016)
Recorda que a identidade non ten que ver co sexo (xenitalidade, gónadas, niveis hormonais e cromosomas), nin coa expresión de xénero (como expreso o que son) nin coa orientación sexual (con quen quero estar ou conformar unha parella)