Como acompañar no tránsito social?
Como acompañar no tránsito social?
FORMÁNDOSE: para o correcto acompañamento e validación da persoa.
ACOMPAÑANDO en todo o proceso desde unha mirada transpositiva, emancipadora e reafirmando á persoa tal e como é ou quere ser.
COMUNICANDO: Cando non se sintan con forzas para facelo por sí mesmes, debemos axudar na parte de comunicarllo á familia, amizades, centro educativo,…
EMPODERANDO: á persoa en cuestión e a familia, facéndolles ver toda a parte positiva de ser “diferente” , celebrar a diversidade que se presenta e de dar o paso de vivirse libre.
AMOSANDO: referentes positivos que permitan crear imaxinarios de presentes feciles e futuros vivibles. Tratando de que queiran o seu corpo tal e como é. Apoiando e traballando a súa sexualidade.
INFORMANDO: sobre á realidade trans desde vivencias persoais e tratando de dar unha información mais real e positiva da que soen atopar. Tamén sobre recursos sociais.
VIXIANDO: que a familia acompaña realmente, que a comunidade educativa cumpre co Protocolo educativo de Identidade de Xénero, que non recibe acoso escolar ou ciberbulling, que a súa saúde mental non se resinta,…
SENSIBILIZANDO e CONCIENCIANDO: ás familias, centros educativos, resto de profesionais, a sociedade en xeral,…
Se precisas información ou axuda, en ARELAS contamos con profesionais do social que pode axudar, contáctanos!