TRANSítamos, Programa de apoderamento e inserción social da mocidade Trans de Galicia.
TRANSítamos, Programa de apoderamento e inserción social da mocidade Trans de Galicia.
“TRANSítamos, Programa de apoderamento e inserción social da mocidade Trans de Galicia.”
O programa TRANSítamos ten por finalidade promover o desenvolvemento e a inserción social de xóvenes trans de Galicia, tanto a curto como a longo prazo, primando unha visión de futuro onde estas persoas completen a súa transformación nun colectivo cualificado, capacitado e empoderado, en igualdade de condicións que o resto da poboación. Constitúese como o inicio dun camiño para o proceso de integración e inserción socio-laboral. Traballamos no presente para construír un futuro posible e vivible.
Este programa dirixido a mocidade trans de 14 a 25 anos, realiza mentoría, grupos de apoio mutuo e creación de redes, acompañamento social, psicolóxico e legal.
Se queres formar parte de TRANSítamos, podes escribirnos a arelasasociacion@gmail.com,
mándanos un WhatsApp ou chámanos ao 686 160 465, en horario de luns a venres de 10:00-14:00 e de 17:00-20:00 h .
Este programa está financiado pola Consellería de Política Social dentro das axudas dos 0,7% do IRPF.