SÍ, SOMOS

“SERVIZO DE ASESORAMENTO E ATENCIÓN INTEGRAL A XÓVENES LGTBI+ DE GALICIA, FAMILIAS E CONTORNA SOCIAL.”

“Sí, Somos”, trata de dar resposta de maneira integral e con perspectiva interseccional as necesidades de tipo persoal, social, psico-sexolóxico, xurídico e legal de xóvenes LGTBI+ de Galicia que poden estar sufrindo situacións de violencia, discriminación, estigmatización e exclusión social.
Tamén será un lugar de referencia para aquelas familias e profesionais que desexan información-formación para un mellor apoio e acompañamento destas crianzas e xóvenes.

Neste programa tamén ofertamos un lugar de encontro e creación de experiencias en modo de grupos de apoio mútuo entre iguais, obradoiros e actividades ao aire libre en entornos seguros e positivos.

Sí, Somos, está financiado pola Consellería de Política Social dentro das axudas dos 0,7% do IRPF.

Se queres formar parte de “Sí, Somos”, podes escribirnos a arelasasociacion@gmail.com,
mándanos un WhatsApp ou chámanos ao 686 160 465, en horario de luns a venres de 10:00-14:00 e de 17:00-20:00 h.
Tamén podes cubrir este formulario.