PROGRAMA DE ATENCIÓN A PERSOAS TRANS E FAMILIAS. PROGRAMAS DE COOPERACIÓN 2025.

“PROGRAMA DE ATENCIÓN A PERSOAS TRANS E FAMILIAS. PROGRAMAS DE COOPERACIÓN 2025.”

Os programas de cooperación son instrumentos a través dos que se ofrece ás persoas demandantes de emprego unha oportunidade para adquirir a experiencia laboral que redunde na mellora da súa empregabilidade e que facilite a súa futura inserción no mercado de traballo, canalizando a práctica laboral adquirida cara ás ocupacións que faciliten unha maior estabilidade no emprego.
ARELAS  contratou a unha auxiliar administrativo durante 1 ano e unha xornada laboral do 75%, a través da convocatoria de axudas para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro do ano 2025 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.