NOSOUTRANS.
NOSOUTRANS.
“NOSOUTRANS.”
NOSOUTRANS, é un programa de capacitación, e inserción sociolaboral de mulleres Trans e LBI de 16-30 anos residentes en Galicia.
NOSOUTRANS consiste nunha suma de liñas de traballo paralelas e interconectadas con actividades e intervencións que inclúen formacións, capacitacións, acompañamentos-orientación laboral e creación de bolsa de emprego, cuxas intencións son facilitar a inserción laboral das mulleres Trans e LBI galegas, favorecendo a inserción laboral en actividades alternativas aos empregos marxinais. Buscamos alcanzar no futuro unha poboación de mulleres cualificada e non discriminada, cun acceso ao emprego en igualdade de oportunidades e condicións que o resto da poboación.
Se queres formar deste programa podes contactar con nós en arelasasociacion@gmail.com ou por teléfono e whatsapp de 10:00-14:00 e de 17:00-20:00 no teléfono 686160465.
Este programa está financiado pola Consellería de Política Social dentro das axudas dos 0,7% do IRPF.