PROGRAMA APODÉRA-T

“PROGRAMA DE APODERAMENTO E ACOMPAÑAMENTO SOCIOLABORAL DE MULLERES TRANS, APODÉRA-T (EMPODÉRA-T)”

¿Cantas veces sentimos que estamos soas nesta longa procura da mellora das condicións de vida?

¿Observas que hai unha escaseza moi grande de profesionais que traballen o autoconcepto e autonomía das mulleres trans, dende o respecto e non cuestionamento?

¿Resúltache difícil falar ou confiar en profesionais?


Partimos dunha situación de estigma cara as mulleres trans, leis que non se cumplen,
discursos de odio, acoso, discriminacións… con resultados de exclusión e precariedade vital e laboral.

Dende o Programa de apoderamento e acompañamento sociolaboral de mulleres trans, Apodéra-T,
trataremos de axudarche na procura da mellora das condicións de vida presente e futura.

Profesionais de distintas disciplinas (legal-social-saúde emocional-sexoloxía) e con experiencia no traballo con persoas trans,
axudarán a superar os teitos de ferro con información, formación, asesoramento e acompañamento persoal.

Porque o primeiro paso é apoderarnos e querernos sen límites.
Porque temos a responsabilidade colectiva de procurar dereitos, mais tamén o dereito individual.

Se queres formar deste servizo podes contactar con nós en arelasasociacion@gmail.com
ou por teléfono e whatsapp de 10:00-13:00 e de 17:00-20:00 no teléfono 686160465


TODXS XUNTXS, EN TRÁNSITO CARA A IGUALDADE E LIBERDADE!

Este programa conta coa financiación da Consellería de Promoción do Emprego a Igualdade e polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027 da Unión Europea.
O obxecto destas axudas son o desenvolvemento de programas de recursos integrais de atención especializada, dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e que teñen como finalidade, fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación en que se atopan as mulleres
en situación de especial vulnerabilidade, para dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación persoal, social e laboral,
polo que deberán incluír unha atención personalizada e especializada para a integración social e laboral.

Presentación APODÉRA-T

Obradoiro Seguridade…

Taller Autodefensa Legal…

Taller Prevención…

Taller Sexualidade…

Mapeo Sociolaboral…