“IMPÚLSA-T, PROGRAMA DE APODERAMENTO E INSERCIÓN SOCIO-LABORAL DE XÓVENES TRANS DE GALICIA.”

Desenvolver o noso proxecto de vida con liberdade, dignidade e igualdade de oportunidades é un dereito fundamental de todos xs seres humanos. Para lograr esta meta, creamos Impúlsa-T dirixido a xóvenes trans de 14-25 anos, buscando unha futura inclusión social e laboral a través da participación, o apoderamento e a significación persoal ofrecendo as ferramentas que posibiliten o fortalecemento e a autonomía dxs xóvenes trans de Galicia na súa comunidade.

Profesionais de distintas disciplinas con experiencia no traballo das vivencias trans, buscarán promocionar á persoa en todas as esferas da súa vida, traballando coñecementos, habilidades, actitudes e valores.

Neste programa ofertamos un lugar de encontro e creación de experiencias en modo de grupos de apoio entre pares, acompañamento e atención social, asesoramento legal, talleres psicoeducativos e actividades ao aire libre en entornos seguros e transpositivos.

Se queres formar deste servizo podes contactar con nós en asociacionarelas@gmail.com
ou por teléfono e whatsapp de 10:00-14:00 e de 17:00-20:00 no teléfono 686160465