Sexo asignado ou rexistral
Sexo asignado ou rexistral
Tamén coñecido como sexo biolóxico. É o que se nos asigna básicamente pola nosa xenitalidade. Se naces con pene, o teu sexo é masculino e decídese que serás home. Se naces con vulva, o teu sexo é feminino e serás muller. A sociedade e contorna desa persoa establecerá, en base a este sexo asignado, unha serie de expectativas sobre como serán e vivirán as nenas e os nenos en relación aos seus comportamentos, actividades, gustos, roles…
Tamén se dará por feito un binarismo moi pechado sobre como han de ser os “corpos masculinos” (de home) e “femininos” (de muller) que non sempre responderá á realidade. De feito hai mulleres que teñen moita peluxe e non desenvolven mamas ou homes sen peluxe e con mamas.
Todas as persoas temos, en diferentes medidas, trazos e caracteres “femininos” e trazos e caracteres “masculinos”.
A realidade intersexual demostra que o sexo vai moito máis alá de dúas opcións. Hai persoas que nacen con xenitais ambiguos ou non definidos, hai mulleres con insensibilidade aos andróxenos que teñen vulva e cromosomas XY; hai homes con cromosomas XX e vulva; hai mulleres con cromosomas XY e pene, hai persoas que teñen ao mesmo tempo testículos, ovarios e útero.
A intersexualidade permítenos entender que o xenital non sempre vai definir ou decidir que persoa es e serás. Somos moito máis que xenitais, gónadas, cromosomas e hormonas.