Paico-Trans
Paico - Trans
“Programa de atención integral da Coruña para persoas trans e familias.”
Se eres unha persoa trans de 14-25 anos, resides na Coruña, non tes apoio familiar e queres-precisas dun espazo seguro e transpositivo. Se queres crear redes e estar en contacto con outras persoas trans da túa idade, ou se precisas información, orientación e-ou acompañamento social, psicolóxico e xurídico-legal, este é o teu programa.
Se eres familia dunha persoa trans ata 25 anos, resides na Coruña e sentides medo e inseguridade, aquí podemos proporcionarche todo tipo de información e asesoramento desde a experiencia de ser familias e de ter acompañado a moitas outras.
Se sodes un centro educativo e precisades información, formación e sensibilización sobre a realidade trans infanto-xuvenil e contra a LGTBIfobia, contacta con nós.
PAICO-TRANS , Programa de atención integral da Coruña para persoas trans e familias, está financiado pola área de Igualdade e Diversidade do concello de A Coruña @concello_da_coruna d
Se queres máis información ou precisas algo de nós podes contactar en arelasasociacion@gmail.com ou no Tfno-wasap 686 160 465 de 9:00-14:00 e 16:30-20:00 Hs.
Se queres formar deste servizo podes contactar con nós en asociacionarelas@gmail.com
ou por teléfono e whatsapp de 10:00-14:00 e de 17:00-20:00 no teléfono 686160465