Quére-Trans
QUÉRE-TRANS
“Programa de sensibilización, apoderamento e atención integral a mulleres trans da provincia de Pontevedra.“
¿Cantas veces sentimos que estamos soas nesta longa procura da mellora das condicións de vida?
¿Observas que hai unha escaseza moi grande de profesionais que traballen o autoconcepto e autonomía das mulleres trans, dende o respecto e non cuestionamento? ¿Resúltache difícil falar ou confiar en profesionais?
Partimos dunha situación de estigma cara as mulleres trans, leis que non se cumplen, discursos de odio, acoso, discriminacións… con resultados de exclusión e precariedade vital e social.
Dende o Programa de sensibilización, apoderamento e atención integral a mulleres trans de Pontevedra, Quére-Trans, trataremos de axudarche na procura da mellora das condicións de vida presente e futura.
Se eres unha rapaza-muller trans de 14-25 anos e resides na provincia de Pontevedra, este é o teu programa, se precisas atención e acompañamento social, psicolóxico e/ou xurídico-legal. Se non tes apoio familiar e queres-precisas dun espazo seguro. Se queres crear redes e estar en contacto con outras rapazas-mulleres trans da provincia de Pontevedra, se precisas do consello-guía dunha muller trans con máis experiencias de vida, este é o teu programa.
Tamén se eres un centro educativo da provincia de Pontevedra e queres axendar con nós formacións para o teu alumnado sobre a realidade trans infanto-xuvenil, Quére-trans o fai posible.
Para poñerte en contacto con nós podes facelo cun correo a arelasasociacion@gmail.com ou por teléfono-whastApp ao 686 160 465 de 9:00-14:00 / 17:00-20:00 hs.
O programa Quére-Trans, está financiado pola @deputacionpontevedra
Se queres formar parte de “Sí, Somos”, podes escribirnos a arelasasociacion@gmail.com,
mándanos un WhatsApp ou chámanos ao 686 160 465, en horario de luns a venres de 10:00-14:00 e de 17:00-20:00 h.
Tamén podes cubrir este formulario.