Quenes somos

ARELAS, Asociación de familias de menores e mocidade Trans de Galicia, naceu en xullo de 2015 para loitar polos dereitos e dar a coñecer a realidade das crianzas e mocidade trans, nunha comunidade autónoma onde esta realidade permanecía agochada e invisibilizada. Somos familias de toda Galicia que buscamos a felicidade e un futuro vivible para xs nosxs filles.

Sobre nós

Arelas

Pero ARELAS tamén é e será o que é, grazas a moitas persoas quen ser ser familias, regaláronnos o seu acompañamento na loita e o traballo de maneira altruísta. Desde aquí o noso recoñecemento e agradecemento infinito. Sempre formaredes parte desta gran familia.

Os fins da entidade son os seguintes:

Tamén en:

Fins e valores

Valores

Solidaridade

Entendida como un acompañamento voluntario a todas aquelas persoas trans e as súas familias que se poidan sentir desorientadas e soas nun camiño, as veces incerto.

Acompañamento

O noso obxectivo é facer o mellor acompañamento posible axs nosxs filles e das persoas trans que se nos achegan. Son as persoas protagonistas e o motivo do noso traballo e loita diaria.

Igualdade

Integramos na entidade a perspectiva de xénero e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como principio básico e transversal.

Responsabilidade

En ARELAS asumimos o valor da responsabilidade como o compromiso cara á sociedade e a contorna que nos rodean, e en particular cara ás persoas en situación de vulnerabilidade ,as súas familias e as súas necesidades.

Respecto

Celebramos ás persoas tal e como son. En ARELAS traballamos polo recoñecemento e validación de todas as identidades trans como vía de convivencia e enriquecemento persoal e da sociedade.

Transfeminismo

Que loita polas persoas oprimidas polo cisheteropatriarcado e o binarismo, no que diferencia as persoas polas características biolóxicas e os roles femeninos/masculinos que han de desempeñar. Tentamos crear unha sociedade na que as persoas poidan ser, expresar e vivirse libremente.

Colectividade

Somos persoas co sentimento de pertenza que nos apoiamos e coidamos, creando así unha enorme familia escollida. Tamén somos tribu para aquelas persoas que foron e son rexeitadas por quen debía ser a verdadeira familia.

A asociación

Xunta directiva de Arelas e sección xuvenil

A asociación

Sección Xuvenil

Brais Papiri

Presidente da Sección Xuvenil

Lu

Activasta

Alicia

Activista

Cibrán

Activista

Max

Activista