A Xanela de Proxectos da Marea Atlántica financia seis iniciativas sociais desde a Coruña con case 12.000 euros, co salario dos nosos cargos públicos

Esta segunda convocatoria da Xanela seleccionou iniciativas de apoio a colectivos vulnerables como as refuxiadas, mocidade trans, migrantes e persoas con trastornos do espectro autista, desenvolvidas por ONG e entidades da cidade.

María García: “Nós non nos subimos o soldo, poñemos recursos ao servizo do tecido asociativo e da xustiza social, nun momento no que son moi necesarios. Non somos todas iguais”

As voceiras do Grupo Municipal da Marea Atlántica, María García, e da Coordinadora da organización, Diego Jiménez, presentaron hoxe os resultados da segunda edición da Xanela de Proxectos, unha convocatoria que emprega os excedentes do salario dos nosos cargos públicos para financiar iniciativas sociais e culturais na Coruña. Este ano repartiu un total de 11.200 euros entre seis proxectos impulsados por organizacións sen ánimo de lucro na Coruña.

Entre as propostas seleccionadas encontrase:

Libres na Casa
O proxecto é unha man tendida á mocidade trans da Coruña, polo seu empoderamento, pola loita contra o odio e a discriminación, e pola súa inserción sociolaboral.

Podes obter máis información aquí