Este sábado comeza o orgullo de Compostela con un montón de actividades no programa #composteladiversa, actividades de moito interese que non deberías perder. Aqui deixamos un resumo:

Este sábado mesa redonda “Arredor da Lei 4/2023” no CSC Maruxa e Coralia.

Sábado pola tarde terá lugar a proxección de “Alex & Munchie”.

Dende as 13:30 ata as 23:30 h a Praza de Mazarelos acollerá un programa lúdico, artístico e poético, no que intervirán distintos escritores e artistas.

Luns 26 terá lugar unha conversa sobre “Festas, corpos e política” no espazo O Gabinete.

Mércores 28, lectura do manifesto ás 12 de mediodía na praza do Obradoiro.