O vindeiro sábado, día 13 de novembro, estaremos nas II Xornadas pola Igualdade, organizadas pola ANPA do CEP de Ventín dentro do programa “Traballando pola Igualdade”. Dende Arelas, asociación de familias de menores trans estamos moi agradecides pola invitación e poremos o noso gran de area reivindicando, coma sempre, os dereitos das nosas crianzas; pero desta vez con máis forza, se cabe. Vistos os acontecementos ocorridos nas útlimas datas de violencia contra as persoas trans, non podemos deixar pasar a oportunidade de condenalos e seguir co noso traballo de información e formación para que isto non volva ocorrer NUNCA MÁIS.
As xornadas faranse de modo online e dirixidas a toda a comunidade educativa: familias, profesorado, monitoraxe, persoal auxiliar e en xeral a calquera que teña interés pola igualdade. Inscríbete en https://xornadas.anpaventin.es onde tamén podes consultar toda a información.
AGARDÁMOSTE!!!
#SEÉPATRIARCALNONÉXUSTIZA #NONMÁISTRANSFOBIA