Mañá de novo poñémonos ao traballo de seguir formando e sensibilizando nos centros educativos, espazos nos que verdadeiramente podemos TRANSformar a sociedade .
Estaremos varios días de mañá realizando obradoiros sobre DASF e contra a LFGTBIfobia ,co alumnado da ESO e de FP do IES Plurilingüe de Ames.
E mañá pola tarde, tamén estaremos coas familias da ANPA e con todas as persoas que se queiran achegar, porque tan importante é a formación do alumnado e profesorado como das familias.
TODXS remando na mesma dirección.
Parabéns polo traballazo que facedes Anpa Iesp de Ames !!